jueves, 24 de septiembre de 2020

Formación a distancia

Parece que este curso 20-21 vai estar marcado por unha clara inestabilidade da presencialidade nos centros. É por iso polo que dende a Consellería están a apostar por formacións orientadas a acadar capacidades que permitan continuar as clases no caso de non poder ter presencialidade nas mesmas.

Nesta entrada vouvos a colgar diversa documentación que elaborei nos cursos que se impartan tanto no CFR de Ourense coma no CFR de Lugo, estes cursos de introducción son impartidos para os centros CPR Vila do Arenteiro (Carballiño), CEIP de Vilariño de Conso (Vilariño de Conso), CEIP Bibei (Viana do Bolo), CEIP Eduardo Ávila Bustillo (A Veiga), CEIP Xoan de Requeixo (Chantada), CEIP A Gándara (Monforte de Lemos), IES Lucus Augusti (Lugo), Colexio Valle Inclán (Ourense), CEIP BenChoShey (Pereiro de Aguiar).

Tamén quedará colgada a documentación avanzada que se impartirá nos centros CEIP Xoan de Requeixo (Chantada) e CEIP Virxe do Carme (Sober).

Dito esto... comecemos.

Webex

En webex imos a aprender a usar a parte mais esencial da ferramenta xa que se trata dun curso de iniciación, e vista dende dúas caras, a parte de "participante" e a parte de "organizador".


Parece interesante coñecer tanto cómo se xestiona a sala personal como unha planificación detallada. Controlar os silencios e o lobby tamén resulta intereante. Todo elo aparece na documentación ademáis duns retos que lles plantexei aos compañeiros.

Decir que elaborei os manuais de conexión co fin de poder cubrir todas as posibilidades (e complicacións) que se nos poidan plantexar no noso día a día. Un deses manuais (o de pasos da chamada telefónica), non está completo pois fántalle o audio que lóxicamente non puiden inserir nun .pdf, velaquí o audio resultate após de realizar a chamada coa axuda da miña filla Candela.

Moodle

As aulas virtuais baseadas en Moodle son unhas vellas coñecidas na Consellería xa que vimos traballando con elas dende hai máis de 12 anos.

Debido á necesidade de ter un plan B baseado na educación a distancia, este ano realizáronse formacións express das funcións básicas deste aplicativo. No se pretende que o profesorado saiba realizar tarefas de administración nin opcións avanzadas, en principio tan só con configurar ben o curso, subir etiquetas e ficheiros, así como establecer tarefas e correxilas, chegará.

Os contidos elaborados para a formación deste curso podédelos ver na seguinte aula do CFR de Lugo.