domingo, 16 de agosto de 2020

25N Dia da eliminación da violencia contra a muller. 8M Dia da muller

Todos os anos durante as clases tentamos de adaptar as nosas prácticas ou exercicios e darlle a maior visibilidade posible á lacra da violencia machista (en novembro) e de denunciar a inxusta diferencia salarial entre homes e mulleres (en marzo).

No 2016 fixemos unha campaña impactante o día 24 de Marzo, a idea era que aprobeitando que no IES, e ó lado da aula de informática, tiñamos o departamento de Imaxe Persoal, pedimos que maquillaran a algunha das alumnas voluntarias como se houberan sido vítimas de violencia, posteriormente e durante o recreo ían sair con maquillaxe, entregando un tríptico que elaboramos na aula e explicando as medidas que se poderían tomar no caso de que algún coñecido se atopara en dita situación.




O ano seguinte, 2017 

Coma case sempre partimos de ideas de alumnado ó que lle damos un pequeno retoque, déixovos o cartel que elaboramos nas aulas e que imprimimos para colocar nas portas de entrada e saida ó centro. As caras están compostas por caras de distinto alumnado do IES, e as frases son producto do seu traballo.



Nese 2017 decidín darlles unha sorpresa ao alumnado o día 6 de Marzo. Póñovos a continuación o exame de informática que lles puxen, a ver se atopades algo raro xa que xerou moita polémica..