viernes, 15 de enero de 2021

Contrato programa, de Impresión 3D a proxecto solidario

Durante ese último curso dentro da liña de excelencia do Contrato Programa, deseñamos un curso de Deseño e Impresión 3d. O obxectivo coma sempre era impartir algo  co que ademáis deseñamos chaveiros personalizados que vendiamos para organizar unha actividade a final de curso.


Seguíamos traballando coa 3D tanto para este proxecto como para os chaveiros de VintageGaming cando parou todo.

Pillounos o confinamento con moito filamento para imprimir e nese intre foi cando mudamos o proxecto e decidimos imprimir viseras de protección facial e donalas ao persoal sanitario, forzas de seguridade, persoal de residencias e a empresas que estaban obrigadas a abrir. Nese momento deixaba de ser un Contrato Programa, pero pasou a ser o meu proxecto favorito, comunicándome co alumnado a través do Telegram co fin de que me axudaran a organizar todo, ver deseños, calibracións, e comunicándome co meu Centro xa que era este o que recibía e organizaba as peticións a través do seu Facebook.

Dende o meu garaxe chegáronse a facer máis de 780 viseras en aproximadamente un mes, xestionando a súa doazón a través da páxina de Facebook do IES en colaboración co Director do mesmo. 



Ó cabo duns días entraba en producción, coa nova impresora cedida polo Concello de Monforte e co novo deseño a imprimir dábamos chegado ás 20-25 viseras ó día, traballando de día e de noite, viseras que aínda que estando sen homologar sen dúbida fixeron que os nosos heroes se sentiran un pouco máis protexidos.

Dentro do pouco que podiamos facer neses intres conseguimos que coordinados co alumnado de SMR2 dese ano, e coa colaboración do noso Centro e Concello, enviar numerosísimas viseras ao persoal do Hospital Comarcal e Ambulatorio de Monforte, residencias de anciáns de Monforte, Bóveda e de O Incio, Ambulancias, Garda Civil, Policía xudicial, persoal de supermercados, Servicio a domicilio do propio Concello de Monforte, farmacias, empresas de atención a maiores...