lunes, 18 de mayo de 2020

Robótica, Makebot kit Ranger

Cando a Consellería de Educación comezou a enviar kits STEM ós centros tiven o privilexio de que dende o CFR de Lugo me encargaran a docencia dos tres elementos (impresoras 3D, arduino e robótica).

En robótica tiñamos moito traballado no departamento, pois ademáis do noso querido DipBot, no que nos anticiparamos uns 10 anos ao que posteriormente é a robótica educativa, tivemos varios proxectos de docencia en centro de robótica, un deses proxectos e no que vos falo no fío de robótica na Pinguela.

De seguido vos enlazo as aulas virtuais de robótica utilizada, tan só decir que nos cursos montabamos os robots dende 0 e sempre cometiamos o mesmo erro, montar o modo Ranger (o parecido a un tanque). 

Cabe decir que tanto o Ranger como o Balancín (o segundo da imaxe) consumen moita batería ou pila, o primeiro porque lle costa moito máis mover as orugas que unhas rodas, e o segundo porque se ten que estar en todo momento  movendo as rodas para manter o equilibrio (ainda quieto ten que moverse para manterse en pé).

Nos últimos cursos optamos pola última versión (modo coche), pero que os meus alumnos melloraron, xa que resultaba difícil cambiarlle as pilas

É por iso polo que vos subo a versión mellorada na que nos desprendemos dos ferros de abaixo e dos parafusos. Nesta versión eso sí, parece que se lle poden caer máis fácilmente as pilas (a min nunca se me cairon), nese caso con usar un pouco de cinta aillante xa estaría todo listo.




O acceso ó curso está na seguinte ligazón.

Tamén podedes acceder aos contidos do blogue de Robótica na Aula que elaborei para impartir os distintos cursos.