sábado, 1 de agosto de 2020

A outra cara de Internet

Lémbrome que un bo día, me chamou Pablo Blanco, por entón (e polo de agora sigue igual) director do CPI Dr López Suárez, e pediume se lle podía preparar unha charla para os rapaces da ESO sobre os riscos na rede. Daquelas triunfaba Tuenti entre a xente nova e Facebook "nos maiores" de Twitter, Instagram e outras lerias si que non se sabía moito.

A verdade e que me gustou a proposta, sobre todo sabendo que eu estudiara nese cole ó que lle teño moito apego e máis que unha "charla" preparei unha actividade. A idea era concienciar aos rapaces facéndolles demostración en vivo do rastro que estaban a deixar na rede, para iso empezábase a charla explicando os ricos e despois dábamos paso a diversos trucos de "maxia" tentando de "roubarlles" contrasinais e información aos cativos. A verdade e que atopei algún recorte de prensa e incluso o guión dunha das charlas.



Posteriormente fixérame unha entrevista Carlos Cortés, para a edición local de La Voz de Galicia.


Xusto depois chamoume o gran Vicente Docasar, director do IES Daviña Rey para ver cómo podiamos facer para dar esa mesma charla no Daviña, a verdade e que resultou moi divertido facer a "maxia" (chámémoslle maxia, chamémoslle hacking) no impresionante salón de actos do Daviña Rey e poder facer novos trucos... si, un deles o de xerar o novo himno do IES e publicalo na súa páxina web sen ter ningún tipo de acceso... xuraría que era este ;)

Posteriormente tiven ocasión de dar a charla en versión reducida no CFR de Lugo, dentro dunhas xornadas de seguridade, o que me permitiu que me chamaran de varios centros para impartila aos seus alumnos, lémbrome de Guitiriz, Guntín, Meira, no María Auxiliadora, no meu propio, o IES de A Pinguela...

O curso seguinte e o seguinte volvéronnos a chamar, pero xa que impartía a materia de Seguridade Informática, decidín actualizar os contidos e distribuilos, facelo como unha actividade de aula. Nese intre foi cando comezaron dúas xeracións dos meus alumnos a impartir a charla, sendo cada un deles responsable de cada unha das seccións (trucos de maxia) e preparando e dándoa eles solos (eso si, charla para unhas 400 persoas...). Daquelas demos dous no multiusos de Monforte e outra no IES Rio Cabe, tamén da nosa localidade.



A continuación algunha das imaxes da charla e a ligazón á presentación que utilizamos.