miércoles, 13 de enero de 2021

Portada


Aprobeito estes días de confinamento para que, anos despois de publicar o meu último blogue, tentar  recopilar e centralizar toda a información que teño espallada entre diversos blogues e nas aulas virtuais dos distintos centros de formación e recursos cos que teño o enorme pracer de colaborar.

O blogue, como todos os meus, está basado nun sistema blogue con unha barra de ligazóns, tentando de xerar un sistema dende o meu punto de vista máis accesible e mellor estruturado.

Na barra superior poderedes ver os bloques de docencias que impartín até o de agora, cabe decir que non están os cursos repetidos ou das mesmas temáticas, aprobeitando un só título para enlazar a unha entrada do blogue a ahí colgar ou enlazar toda a docencia que teño sobre o mesmo contido.

A miña idea inicial non é en absoluto volcar toda a información que teño dispoñible nas aulas virtuais dos CFR de Lugo, Ourense e do CAFI, senón que pretendo enlazar dita aula virtual co fin de non duplicar os contidos e tan só centralizados e subir, ou mellorar os contidos que considere que por algún motivo non están accesibles ou completos.

Agardo que esta nova páxina de recursos vos sexa tan útil como me resultou e resulta a min durante as distintas docencias que imparto.

Unha aperta e vémonos nos coles !!!