viernes, 27 de marzo de 2020

Dos primeiros en robótica DIPBot

A primeira substitución que tiven no meu actual IES foi en maio do 2007. Atopeime cunha materia de programación que me encantaba, e cun grupo xenial e moi traballador, o que fixo que en pouco tempo comezaramos a pensar cómo poder ampliar os contidos e cómo facer que esa programación que os rapaces vían no ordenador, a viran mediante un robot.

Foi entón cando convencimos ao departamento de mercar o DipBot, un sinxelo robot que se programaba na linguaxe C e que visto agroa era moi moi arcaico, con sensores que permitían recoñecer se a cor sobre a que estaban era oscura, e outros que permitían recoñecer se o robot chocaba contra algo, si, como dí José Luis no vídoe, uns bumpers.

A continuación podes ver unha imaxe do que lle demos por chamar daquelas o DIPBot (Departamento de Informática da Pinguela BOT).

Imaxe do DIPBot recuperada da web www.jrcasan.com

A verdade e que anos despois aínda me lembro do excelente traballo dos meus alumnos, ó ano seguinte e xa co ciclo aprobado, acompañoume José Luis ao Inforensino a unha conferencia sobre robótica e cómo a aplicamos á aula. 

Ningún dos dous contabamos que varios anos despois dende a Consellería se apostaría tanto pola robótica nos colexios, por sorte o sistema de programación e de montaxe é moi moi diferente (senón podedes fixarvos nas gomas que lle puxemos nas rodas para que estas non esbarasen no chan).

Ahí vai o vídeo no que saímos amosando o DIPBot na TVG.