lunes, 8 de junio de 2020

Dona o teu PC

Este proxeto enmarcámolo dentro dos proxectas solidarios convocado pola Consellería de Educación, o obxectivo didáctico era que os rapaces practicaran realizando reparacións e montaxe de ordenadores, traballando polo tanto o que xa vimos na aula. Por outro lado realizarían borrado de datos e novas instalacións de equipamento dos ordenadores donados co fin de deixalos a punto para poder ceder a familias necesitadas.

O obxectivo solidario está claro, xa que deberían ser eles os que recepcionaran os equipamentos que as familias donaran, xestionarían coa concellería de Asuntos sociais do Concello de Monforte as doazóns, e por último realizarían a entrega dos equipamentos. Temos centos de fotos e de información, toda no blogue do proxecto (ahora xa un pouco abandonado)

Ademáis da visita de moitos medios da comunicación, obtivemos o premio do Centro Comercial Urbano de Monforte, que recoñeceu a laboura dos rapaces neste proxecto solidario. Aquí deixamos unhas cantas imaxes do proxecto así como a súa transcendencia nos medios.

A experiencia foi publicada no Espazo Abalra como experiencia innovadora na Consellería de Educación, e polo que podemos comprobar aínda segue activa.