martes, 14 de abril de 2020

Arduino e Raspberry Pi

Dende que entrei na docencia tentei de buscar actividades que me permitan levar ao alumnado a novas experiencias máis motivadoras utilizando o que eles xa saben. Unha desas experiencias moitivadoras e xeniais que permiten que o alumno xere contido é o mundo que rodea o Arduino.

Estaba eu adentrándome no mundo Arduino co meu kit con tropecentos sensores cando de repente recibo unha chamada de Nolinho, asesor do CFR de Lugo da área das TIC's e plantéxame que imparta un curso de Arduino xa que en breve se recibiría nos centros 6 kits de Arduino e dúas Raspberry Pi.

Tiven o pracer de impartir en varias ocasións as sesións nas propias instalacións do CFR así como no meu propio centro. Usamos o simulador 123Dcircuits que ahora é coñecido por Tinkercad e polo propio kit de Arduino e Raspberry que enviou a Consellería aos centros.

Durante este curso seguín coa idea desas tarxetas físicas con "Retos" que funcionaron tan ben durante as sesións de robótica que tiña impartido con anterioridade. Esos retos posteriormente me serviron como pé para varios proxectos de formación para a excelencia que impartimos ao alumnado no IES A Pinguela así como a varios talleres que se describen na sección de "outros" do blogue.



Déixovos a ligazón á aula virtual do curso, lembrade que como todos os contidos que imparto para os CFR's, os contidos están libres de acceso, polo tanto teredes que premer no botón de "Entrar como convidado". Agardo que vos sexan de utilidade.