Durante o curso 2017-2018 impartin o módulo de Seguridade Informática dentro do ciclo de Sistemas Microinformáticos e redes, pero ese módulo tiña contidos que resultaban difíciles de levar á práctica xa que non tiñamos materiais que o permitiran como serían os sistemas de control de acceso.
Foi polo tanto polo que decidimos deseñar os nosos propios sistemas de control de acceso para o Centro e para iso coordinei un proxecto de formación interna no centro chamado Biometría no Ensino.
O obxectivo era construir dende 0 un sistema de control de acceso a unha sala, e abofé que o conseguimos, de feito nestes intres no Departamento de Informática do IES A Pinguela podemos entrar grazas a un sistema de apertura de portas por medio de biometría.
A docencia impartímola dous profes, unha primeira centrada na construcción do propio sensor biométrico, e unha segunda a configuración dun sensor biométrico comercial.
O documento que xeramos, onde van todos os contidos das docencias é o seguinte: