martes, 17 de noviembre de 2020

Maker Faire 2020

Nestes días de tanto rebumbio andamos a preparar a nosa participación na Maker Faire 2020, e con esta xa van dúas !!!!


A Maker Faire 2020 Galicia é sen dúbida unha das maiores feiras Maker da península e fomos convidados a participar co noso proxecto do curso pasado Vintage Gaming. Da mágoa pensar que os artífices do proxecto María, Raúl, Marcos, Tomás, Manuel, Daniel e Miguel non poderán expoñer o seu proxecto pois xa remataron os seus estudios no ciclo dende o que fixemos Vintage Gaming, pero os seus compañeiros de primeiro curso do ano pasado (xa en segundo este ano) tentarán de defender e amosar as ideas nas que se basa todo o noso traballo.


Por desgracia a nosa exposición será virtual, a través dunha cámara web e dende o salón de actos do noso IES. Debido ao aforo e por operatividade non perder demasiada clase, o alumnado do segundo curso de SMR realizaron a exposición do proxecto solventando as dúbidas de dous en dous. Tamén xeramos un vídeo xa que a fin de semana non puidemos realizar a presentación, e quedando tan só o vídeo como explicación.