domingo, 16 de agosto de 2020

Excelencia Contrato Programa

Esta entrada púxena no curso 2016-2017 aínda que podía encaixar en calquer ano escolar. 

Actualmente estou a impartir as materias de Redes de Área Local e de Servizos en Rede, do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, pero dende sempre e con calquer materia ou contido penso que resulta interesante plantexarlles ao alumnado algo distinto, innovador que lles resulte atractivo e que permita xerar xornadas de "relax" dentro dos contidos do curso.

É por iso polo que dende o departamento sempre participamos dun xeito ou doutro en xornadas de Excelencia de Contrato Programa, que nos permiten ter unha pequena dotación económica para facer distintos talleres co alumnado.

Todos os anos facemos un ou dous, hai anos nos que participei na dinamización da bibliteca e xeramos as Xornadas Ferraxeiras, xerando na bilbioteca un espazo multidisciplinar no que nos adicamos a entender, montar e programar robots. Esas xornadas ferraxeiras déronnos porta a participar posteriormente no congreso de "El futuro de la Educación" realizado no CNTG de Santiago.



Este ano por exemplo tiñamos preparados dous, un de 3d con alumnos de segundo curso de SMR e outro de Arduino con alumnos de 1º curso, o de Arduino non chegamos a impartilo pois estaba previsto para o terceiro trimestre, o de 3D si que o chegamos a facer, ata nos serviu para deseñar e vender chaveiros personalizados e sair de cea ;)) e para ter as impresoras perfectas e moito PLA para pode imprimir... a partires do 13 de marzo veunos moi ben ese PLA e que estiveran ben axustadas as impresoras, pois aínda que dende o garaxe da casa seguimos a sacarlle rendemento.