martes, 2 de febrero de 2021

1º Premio Lanzadeiras 19-20. Vintage Gaming

Pasamos un primeiro filtro no que se seleccionan tan só 20 proxectos de empresas de todos os centros educativos de toda a provincia, realizamos o proxecto e.. nNo día de onte, 1 de febreiro de 2021 notifícasenos que en base ao proxecto Vintage Gaming GAÑAMOS O PRIMEIRO PREMIO do proxecto Lanzadeiras Lugo !!!

Sen dúbida unha boísima noticia dentro da situación actual e dentro de que por moi mala sorte o alumnado non puido expoñer o proxecto nin recibir físicamente o premio.

Un total de 2146,44 euros para dinamizar o fomento da iniciativa empresarial, que sen dúbida virá xenial para tentar de dinamizar as empresas na nosa Galicia interior.

A continuación van uns recortes de prensa, coas novas capturas xa referidas aos premios, evito poñer aqueles recortes de prensa que se limitaron recoller información do meu IES, fixeron un copia pega e nin se preocuparon por citar ó profesorado que fixo posible o proxecto... éche o que che hai.