lunes, 6 de abril de 2020

O Pingoleiro

O Pingoleiro foi un proxecto que supuxo a finalización dunha proposta para un proxecto que estivemos a desenvolver no Contrato Programa (Xente con Don).

No ano anterior logramos instalar na entrada do centro unha pantalla na que amosabamos imaxes ou información interesante do centro (actividades, publicacións no FB do IES...). Todo era xestionado mediante unha RaspberryPi conectado á rede e conectada a unha páxina web elaborada para iso.



O trivial “O Pingoleiro” naceu no programa “Xente con Don”. Trátase dun xogo interactivo que permite participar tanto dende o punto de información situado na entrada do centro, coma nas aulas a través da web www.opingoleiro.es, ou mesmamente no móbil a través da APP “O Pingoleiro”, que está a medrar desde a súa creación grazas ás aportacións do alumnado e profesorado que participan nos distintos programas do Plan Proxecta sobre cuestións que traballan neles e que agardamos sexa cada vez máis completo en cursos sucesivos dado o seu impacto metodolóxico e pedagóxico para a comunidade educativa.

Debido a gran aceptación de alumnado e de profesorado do centro do propio xogo, decídese ampliar “O Pingoleiro”, co fin de que calquera profesor do Centro sexa capaz de meter preguntas doutros Plans Proxecta, ou incluso doutras materias ou outros contidos interesantes.



Unha vez subida a pregunta, poderase xestionar a mesma ou incluso previsualizala:


O cabo de 20 segundos (neste, caso noutros casos ó facer a pregunta xa se establece o tempo de resposta) amósase o resultado correcto. En ningún momento é interactiva (a pantalla é básicamente unha televisión), aínda así os rapaces dábanlle co dedo ;)).

Ó amosarse na parede e ao enlazar as preguntas unhas con outras, o efecto que facía era expectacular, aquí algunha imaxe, acompañado por  Pablo Zapata e Cristina Márquez, profesor de Bioloxía do IES e Cristina Marquez, enfermeira do Sergas e coordinadora do proxecto Xente Con Don.


O cabo mes, e seguindo as suxestións do profesorado do centro, xérase unha nova versión do pingoleiro para a aula, que permite ver as preguntas de “O Pingoleiro” adaptadas á visualización nun monitor ou proxector, de feito que sexa posible xogar a el na aula.

Pouco despois xérase a web www.opingoleiro.es, que permite a “O Pingoleiro” saír dos muros do noso IES, abríndose a calquera que queira xogar ó mesmo.


A páxina foi pensada para poder traballar nas "gardas" con contidos propios de cada materia, de ahí a súa resolución 800x600. Hai moitas categorías que non teñen contidos, debido a que o profesorado non as subiu.