miércoles, 29 de julio de 2020

MartinaAPP, Idea da APP

Este ano parece que vai ser difícil, xa non poderemos usar a aplicación de MartinaAPP para facer a avaliación inicial do alumnado... Xa de paso tentarei de redeseñar a nova para o ano que ven, onde xa se poida un mover polo centro, correr libremente e volver a experimentar. 

Debido á envergadura do proxecto, a explicación de MartinaAPP vouna dividir en dúas entradas, unha (esta) no que se indique a idea da APP e outra na que desmenuzamos o xogo... 

Decir que MartinaAPP trátase dunha xincana TIC que aprobeita o gran xardín que temos no noso IES, e de paso sirve para ver/repasar contidos de informática. A idea principal e xerar o dinamismo en dita xingaca, facendo que entre cada proba informática haxa unha proba de movemento de tal xeito que o alumnado non permaneza estático ante o pc... senón menuda xincana....

O xogo consiste en conseguir deter o ataque duns robots que nos controlan, parece que dende o futuro, unha tal Martina e exalumna do IES A Pinguela quere contactar connosco para que hackeemos o control dos robots que se están a organizar no tempo presente. ¿Seremos capaces?

Aprobeitaremos o enorme xardín das ciencias do noso IES, usando o propio xardín botánico, planetario, biblioteca, aula de informática, cafetería e entrada do IES) como axudas hai unhas xemas que o equipo poderá intercambiar por consellos do "Gran Sabio Branco"... e claro como eu tamén quería xogar... (eso sí, grazas á axuda do departamento de Imaxe Persoal para deixarme tan tan guapiño)




A guía do xogo baséase nunha APP que foi deseñada exclusivamente para iso, e que permitirá dirixir o xogo para cada un dos equipos. Por motivos de actualización de tamaño máximo de APP's dentro de Google Play, a aplicación xa non está dispoñible na plataforma debido aou seu tamaño (leva moitos audios e pantallas embebidas), polo que xa de paso tentarei de redeseñala dende 0,,, ainda que quizáis para o futuro deseñemos algo dun virus pero non informático...




Bueno, ó lío. Como deciamos MartinaAPP foi deseñada inicialmente co fin de celebrar o día das rapazas nas TIC de ahí que a protagonista, xunto co alumnado, sexa unha nena (posteriormente reutiliceino como avaliación inicial do alumnado). 

Toda a aplicación está feita no APP Inventor, podedes descargar o proxecto dende a seguinte ligazón:
E podedes descargar a aplicación e instalala no móbil usando esta outra ligazón:

A cantidade de código é moi elevada debido a que hai que controlar por separado as accións dos 4 equipos.


Bueno, xa estamos coa aplicación instalada (era máis sinxelo antes xa que aparecía directamente no Google Play), polo que a continuación vai a carta que se lle daba a cada un dos capitáns dos distintos equipos.




O día da xincana o alumnado xa ten que saber de que equipo é, e neste caso o seu código, e xa terán a APP nos seus dispositivos, pero non poderán comezar coa misión xa que según abren a aplicación aparécelles esto:


A intro proxéctaselles no planetario a todos á vez, e é a que lles dá a saída a todos os equipos. Podedes ver a intro moi simplona aquí:


Despois da intro comezou o xogo, que poderás ver paso a paso na entrada de MartinaAPP o Xogo o desenvolvemento do mesmo, por motivos de extensión o detalle paso a paso da xincana vai noutra entrada. Aquí déixovos algún detalle das fotos realizadas, a verdade e que resultou difícil xa que eu era o Gran Sabio Branco...