martes, 14 de abril de 2020

Deseño e impresión 3D

Daquelas que comezaban a saír as impresoras 3d, o anterior alcalde do meu Concello (Monforte de Lemos) decidiu mercar unha para cada IES (somos tres) e outra para o Concello. Ademáis deseñou unha competición entre centros para poder optar a unha cuarta.

Grazas a esa experiencia coas impresoras 3D, tiven a sorte de ser chamado polo CFR de Lugo para impartir, tanto nas súas instalacións coma en distintas docencias en centros, unhas docencias sobre o deseño e a impresión 3D.

Na ligazón que vos deixo van os recursos utilizados, deixo a ligazón á aula virtual xa que quedara todo moi ben organizado nos dous días presenciais da impresora:
  • No día primeiro revisamos os compoñentes básicos da impresora, así como a configuración dunha impresión prexerada. Para rematar a sesión deseñamos con en 3d con BlocksCAD.
  • A segunda sesión constou de programas de laminado como Cura e Slick3R co fin de preparar a peza a imprimir, así como deseño 3d máis avanzado con InkScape e FreeCAD.

Lembra que como todos os contidos que imparto para os CFR's, os contidos están libres de acceso, polo tanto terás que premer no botón de "Entrar como convidado". Agardo que vos sexan de utilidade.