martes, 14 de abril de 2020

Scratch Xogando

Lembro con moito cariño estas docencias de Arduino, por sorte impartina en varias ocasións no CFR de Lugo en varios centros, lémbrome que un deles foi no CEIP Poeta Avelino Díaz un dinámico cole en Meira.

Dentro da dinamización do STEM, e, dende o meu punto de vista, como curso de partida para a introducción á programación, chamáronme dende o CFR de Lugo para poder impartir en varias ocasións este curso. Lembro con moito placer o recibir unha chamada da asesora Marta Coria no mes de Xullo... facéndome unha "reserva" de horas para impartir este curso aló polo mes de novembro, que auténtico pracer que te chamen para pedirte iso !!!

O curso de Scratch impartino en diversas ocasións e como todo vaise mellorando unha versión da anterior. Neste caso utilicei o mesmo sistema que no de Arduino, con retos e retos "guiados" e decir, un exercicio solucionado e comentado, e outro exercicio que volta sobre o anterior cambiando un par de matices. Estes retos e bloques de tarefas estaban enfocadas a que o profesorado puidera utilizalo directamente na aula e cos alumnos... Bueno, algo que fixen eu en diversos cursos de mellora da excelencia que impartimos no meu IES.


O curso dividíase en 4 sesións de 3 horas cada unha, polo que cada sesión foi deseñada coma un bloque único no que se comezaba un proxecto novo e apoiándose en coñecementos do anterior, así como novos conceptos que se explicaban, conseguimos ir xerando distintos tipos de minixogos. Así podes xogar ás versións de Pilla-Pilla, Arkanoid, Cazar a Toupa e Flappy, tes as ligazóns aos xogos feitos dende a lousa dixital e polos compañeiros que asistiron ao curso dentro da aula virtual.





Como en moitas entradas, déixovos a ligazón ao curso na aula virtual, comentarvos que premades a "entrar como convidado" e teredes todo o material utilizado así como as solucións.

Acceso ao curso