sábado, 16 de enero de 2021

Taller deseño gráfico en Photoshop

¿Haberá festas de San Antonio este ano?? 

Si, esa e a gran dúbida que presentamos no taller de deseño gráfico que se realizará co grupo do que son titor, Sistemas Microinformáticos e Redes de segundo curso.


Ao final do segundo trimestre, temos previsto realizar un pequeno obradoiro no que se lles ensine ao alumnado o funcionamento básico de Photoshop, co fin de mellorar un pouco máis as súas destrezas no deseño gráfico. Pero claro.. ¿e se aprobeitamos o traballo feito na aula para mellorar na medida do posible os carteis anunciadores das festas do noso barrio?

Tras comentalo con alumnado e con parte da comisión de festas, faremos o deseño do anuncio das festas en A3 para que posteriormente se imprima e permaneza en todos os locais comerciais da nosa cidade. Parece un aprobeitamento perfecto, dende o IES conseguimos que o traballo do noso alumnado sexa visible e realmente útil (cabe destacar que hai moitos alumnos do ciclo que son do barrio de San Antonio), facendo que a súa motivación teña un punto extra. Por outro lado axudamos á comisión de festas no deseño do cartel aportando os nosos pequenos coñecementos de deseño gráfico.

A continuación amósanse os carteis dos anos 2017, 2018 e 2019... Na parte superior un pequeno detalle do cartel base sobre o que traballaremos, en breve subiremos o presentado polo alumnado.