sábado, 1 de agosto de 2020

Galimatiax

Un dos primeiros proxectos co que tentei de levar a a gamificación ás miñas clases foi con este pequeno xogo de trivial.

O obxectivo primeiro foi o de xerar un pequeno clon do popular xogo de trivial con preguntas de informática, pero claro quedaba moi sinxelo copiar algo xa feito.


Despóis de darlle moitas voltas naceu Galimatíax (cun pequeno guiño aos meus cómics favoritos), no que se mestura o sistema de preguntas de Trivial co sistema de xogo do popular Risk. No noso caso en lugar dun mapa mundial, utilizamos o mapa de Galicia e como territorios utilízanse as distintas comarcas.

Para xogar usamos un taboleiro que se desprega de 4 folios A3. Tamén se usarán dous conxuntos de tarxetas, as das comarcas e as das preguntas, e por último unhas fichas que serán as que formen os exércitos dos distintos equipos.

A continuación amósanse as instruccións do xogo.


O xogo en taboleiro ten a súa parte de encanto, aínda que nos seguintes decidín pasar ao formato dixital... O Pingoleiro e MartinaAPP.