martes, 19 de mayo de 2020

Robótica co kit mBot

Pouco despois de chegar o kit Mbot Ranger a Secundaria, chegou o turno dos coles de primaria. O robot é máis elemental pois non hai montaxes complicadas e trae menos sensores incorporados á central, pero iso si, trae unha morea de elementos a maiores que se lle poden acoplar e poder facer expermitentos con eles.

A estrutura xeral da docencia era idéntica, o único e que hai que adaptar os retos xa que por exemplo o robot de secundaria ten un total de 10 ledes, cando no de primaria ten tan só dous.

Déixo a continuación os pdf que usei como guión para a última docencia de robótica que impartín hai uns días durante o confinamento para o CPI Tino Grandío de Guntín.

Robotica mBot Bloque 1 by Jose Pino Vázquez on Scribd




Robótica mBot Bloque 2 by Jose Pino Vázquez on Scribd

Déixovos a ligazón ó blogue de contidos que mesturei cos retos de robótica de secundaria, neste caso está a medio facer, a ver se para a volta dou pedido un mBot para elaborar mellor os contidos do blogue.