miércoles, 24 de junio de 2020

Vintage Gamming

Un dos proxectos deste ano (e non vos nego que o meu favorito) e VintageGaming.


É o meu favorito deste curso por varios motivos, por un lado porque levábamoslle dando moitas voltas no departamento de informática para poder levalo adiante, por outro porque este ano foi un ano moi especial para todos e aínda así nos deu tempo a rematalo (xusto a semana anterior), e por outra pola grandísima implicación do alumnado de 2º curso de SMR. ¡¡ Fantásticos !!!!!

No proxecto que tiven a sorte de coordinar, forma parte dun programa de innovación educativa da Consellería de Educación chamado Lanzadeiras no que se pretende que o alumnado plantexe unha idea de empresa, e que simule parte do traballo da mesma, marcando os obxectivos e liñas empresariais.

Dende o departamento cos meus compañeiros Adrián Blanco, Rosa Gamallo e José Rey, establecemos as liñas xerais para guiar o alumnado, realizamos unha división de funcións entre os mesmos e presentamos o proxecto.

Tras ser aprobado, realizamos as tarefas do mesmo, deseñando todos os obxectivos da empresa e realizando na aula a montaxe dunha máquina recreativa arcade, deseñando chaveiros e folletos 3D para expoñer no noso stand...

Sen dúbida foi unha experiencia xenial tanto para os nosos rapaces como para nos, xa que ademáis de profundizar no mundo empresarial, permitiunos "ensuciar as mans" e montar dende 0 a nosa recreativa.

Bueno, vale, e por suposto xogar un par de partidas e ensinala ao centro, pois xusto publicamos a nova a semana do día 9 de marzo e en Onda Cero Monoforte nos entrevistaron o día 12, pouco antes de saber que se paralizaban as clases..

A mágoa foi esa, sen dúbida o premio para os rapaces era poder estar no stand e poder ensinar todo o seu traballo, agardamos poder presentalo dalgún xeito este decembro. Eso sí, a súa lembranza e os seus nomes quedarán na máquina para sempre !!


A continuación van uns recortes de prensa, así como a ligazón para poder escoitar a entrevista que nos fixeorn o día 12 de abril en Onda Cero.