jueves, 2 de abril de 2020

1º Premio Desafíos STEM Robótica

Hoxe vou a lembrar un proxecto que me encantou realizar, neste caso coa miña compañeira Maite Sáenz e cos alumnos de ciclos e Bacharelato.

Pareceume interesante unha convocatoria que realiza todos os anos a Consellería de Educación "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D", propúxenlla aos meus alumnos de BAC e de Ciclos e a Maite, entre todos participamos para tentar programar un robot autónomo... si, a idea estaba ben, pero tivemos que analizar os sensores que tiñamos e que cousas se podían programar.

O proxecto final entregado foi o seguinte, nel pódense ver os vídeos que elaboraron os rapaces explicando todas as "seccións" que compoñian o circuito coas distintas accións que podía facer o Robot


Con este proxecto tivemos a sorte de gañar o primeiro premio no ano 2018.




Posteriormente fomos invitados á Maker Fire de Santiago para, cos noso alumnado, ensinar o noso pequeno robot autónomo. Elaboramos un vídeo para proxectalo mentras ensinabamos o seu funcionamento, o resultado é este:



A continuación quedan unhas imaxes tanto dos taballos para a elaboración do robot, como da presentación na Maker Fire na Cidade da Cultura en Santiago.