martes, 29 de septiembre de 2020

Evolución da informática. TICS

 Dende hai un par de anos xa non imparto docencia na materia de TIC's no Bacharelato, sen dúbida unha gran oportunidade de enganchar á rapazada no mundo das novas tecnoloxías. Sempre se facían cousas divertidas, tanto xogar co pingoleiro, co galimatiax ou ben directamente probar a fibra óptica. Tráigovos aquí dúas actividades que se realizaban daquelas, unha delas (a da fibra) aínda a imparto dentro do módulo de Redes de área local do ciclo SMR, a outra xa non é posible pois é un contido de sistemas operativos ou ben de hardware.

Actividade fibra óptica.

O obxectivo desta actividade é que mediante un pequeno experimento realicen a demostración do funcionamento da fibra óptica. Para iso terán unha serie de tarxetas con información que deberán pasar e explicar para poder dar a entender o que van a facer no expermiento.

Unha vez explicada a teoría do mesmo, toca a parte da práctica e demostrar como un "chorro" de auga é capaz de atrapar e desviar a traxectoria dunha luz láser.

Práctica 1.1 Fibra óptica by Jose Pino Vázquez on Scribd